Novas
 
  APIN e UCI organizan unha xornada para profesionais do sector inmobiliario  
 
05/12/2017
Fuente: Administrador www.apinnoroeste.com
 
Arriba
noticia A Confederación de Empresarios da Coruña acollerá o vindeiro martes 12 de decembro, ás 10,30 horas, a xornada ‘Non vendas pisos feixe outra... cousa' dirixida a profesionais do sector inmobiliario e organizada pola Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste ( APIN) e Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI), entidade experta no financiamento da vivenda.

O evento, enmarcado nas xornadas de networking para profesionais inmobiliarios que realiza a entidade financeira en diferentes puntos do país, contará coa presenza de Pere Maymi, asesor de Rede Externa en Unión de Créditos Inmobiliarios, master en Márketing e Vendas por ESADE Business School e especialista no desenvolvemento de modelos de negocio no sector inmobiliario.

Maymi ofrecerá claves que axudarán aos profesionais da zona para diversificar os seus negocios e afrontar o futuro con ferramentas para adaptarse aos cambios. “Toca reinventarse porque o que vén, vén para competir, compartir e especialmente para quedar. Visitas a inmobles con Drons, Software en 3D que permiten ver un inmoble de forma inimaxinable ata a data, Fintech con algoritmos preparados para tomar decisións a unha velocidade de vertixe… En definitiva, novos actores que presumiblemente serán capaces de desenvolver un traballo similar ao dos actores clásicos do sector inmobiliario, pero con custos de infraestrutura máis baixos e, por tanto, con prezos máis competitivos”, apunta Maymi.

Pola súa banda, o presidente de APIN, Jesús Pazos, anima a todos os profesionais do sector para participar nesta xornada, así como a achegarse á asociación que xa aglutina a profesionais de toda a provincia da Coruña e na que cada día “somos máis” porque “somos máis os que cremos no asociacionismo empresarial para establecer sinerxias e favorecer o crecemento dos nosos negocios”.

A inscrición é gratuíta e imprescindible por cuestións de organización e aforamento. Se estás interesado en participar escribe un correo electrónico a info@apinnoroeste.com indicando o teu nome e teléfono.
Abajo
 
Jornada Crecimiento y Networking Inmobiliario