Novas
 
  A nova Lei Hipotecaria protagoniza os Almozos Inmobiliarios  
 
24/11/2017
Fuente: Administrador www.apinnoroeste.com
 
Arriba
noticia A Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste (APIN), integrada en COFER, celebrou esta mañá a segunda sesión dos seus Almorzos Inmobiliarios.

De acordo co espírito práctico deste programa de micro eventos que arrincou en Ferrol en setembro, os profesionais do sector tiveron o privilexio de compartir mesa co notario Pablo Carbajo Martínez quen despexou todas as súas dúbidas ante a próxima entrada en vigor do proxecto de Lei de Crédito inmobiliario aprobado o pasado 3 de novembro polo Consello de Ministros e enviada ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria.

O presidente de APIN, Jesús Pazos, agradeceu ao relator a súa participación nesta xornada para abordar un tema de tanta actualidade e importancia no traballo diario do seu colectivo.

Na xornada participaron unha vintena de empresarios do sector inmobiliario que han coincido en destacar a utilidade destes eventos nos que establecen sinerxias á vez que se abordan temáticas que facilitan o seu traballo.

Baixo o título "Almorzos Inmobiliarios", APIN pretende poñer en contacto aos profesionais do sector con expertos en asuntos de interese nun ambiente distendido, lonxe da rutina diaria e da rixidez dos despachos. Neste sentido, as novidades lexislativas en materias de interese para os profesionais do sector inmobiliario, o aluguer turístico ou os seguros centrarán as próximas xornadas.
Abajo
 
Jornada Crecimiento y Networking Inmobiliario