Novas
 
  APIN programa actividades dinamizadoras para animar a economía  
 
27/06/2017
Fuente: Administrador www.apinnoroeste.com
 
Arriba
noticia A Asociación de Inmobiliarios do Noroeste (APIN) está a traballar na organización dun congreso sectorial que se celebrará en febreiro de 2018 e que servirá para dinamizar o sector e a economía en Galicia, así como para achegar aos profesionais as últimas novidades e intereses comúns.

Co mesmo obxectivo, a asociación está a preparar unha ambiciosa programación para celebrar micro eventos profesionais con periodicidade mensual.

Nesta liña, a recentemente elixida xunta directiva da asociación prevé estrear o calendario de eventos en setembro.Baixo o título "Almorzos Inmobiliarios", APIN pretende poñer en contacto aos profesionais do sector con expertos en asuntos de interese nun ambiente distendido, lonxe da rutina diaria e da rixidez dos despachos.

Neste sentido, as novidades lexislativas en materias de interese para os profesionais do sector inmobiliario como protección de datos, aluguer turístico, os seguros e as problemáticas en torno á subministración eléctrica son os temas elixidos para inaugurar o programa de micro eventos inmobiliarios que serán, ademais, itinerantes para chegar a todos os recunchos da provincia da Coruña.

O primeiro celebrarase en Ferrol e nos meses sucesivos os almorzos inmobiliarios aterrarán na Coruña e Santiago de acordo co espírito global da asociación que aglutina a empresarios de toda a provincia.

NOVA XUNTA DIRECTIVA

O xerente de Inmochalet, Jesús Pazos, foi elixido -por unanimidade- presidente de APIN.

O presidente anterior, Álvaro Canosa, acompañarao nesta nova andaina como vicepresidente. Pola súa banda, Leopoldo Torrente Varela, de Inmobiliaria Best House, ocupa o cargo de tesoureiro e Carlos Debasa, entra na xunta directiva como secretario tras a súa recente incorporación á asociación.

A Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste aglutina na actualidade ás principais empresas inmobiliarias da provincia da Coruña e traballa en defensa dos seus intereses da man da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COEFR) e da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).
Abajo
 
Jornada Crecimiento y Networking Inmobiliario