APIN
 
A Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste (APIN) naceu para agrupar  ás empresas inmobiliarias e dotalas das ferramentas necesarias para competir de forma agrupada nun escenario cada vez máis complicado.
 
Constituída en xuño de 2007 como entidade sen ánimo de lucro, está integrada na Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) así como en FEGEIN (Federación Gallega de Empresas Inmobiliarias), e como tal pertence á Confederación de Empresarios de Coruña (CEC) e á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
 
Na situación actual na que se atopa a economía para o empresariado é interesante e necesario estar integrado na estrutura dunha organización empresarial e recibir os seus servizos e asesoramento. As asociacións e confederacións prestan a todas as persoas que desenvolven unha actividade empresarial numerosos servizos e ao mesmo tempo un respaldo na súa actividade diaria.
 
APIN constituíuse coa finalidade de defender os intereses das empresas do sector de asesoramento, xestión e/ou comercialización inmobiliaria, de conformidade cos seus estatutos.
Os fins da Asociación son:
 
1º.- A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos afiliados.
2º.- Fomentar a solidariedade dos afiliados, promovendo e creando servizos comúns de carácter asistencial.
3º.- Programar as accións necesarias para conseguir melloras sociais e económicas dos seus afiliados.
4º.- Organizar unha constante labor formativa e de promoción cultural dos seus afiliados.
5º.- Non persegue fins especulativos nin lucrativos.
 
A Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste ten o seu ámbito territorial na provincia de A Coruña.
 
Jornada Crecimiento y Networking Inmobiliario